O Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño presenta en Fitur "Sendeiros polo país dos ríos". Aquí podes ver o vídeo promocional.

20, Maio 2021

Fitur acolleu hoxe a presentación de"Sendeiros polo país dos ríos", o novo producto turístico do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, que ofrece unha diversidade de rutas de sendeirismo que teñen en común que os seus percorridos seguen o curso de varios ríos do territorio comarcal.

Concretamente, os 14 concellos integrados neste novo paquete turístico son A Arnoia, Beariz, Castrelo de Miño, Cenlle, O Irixo, Maside, Melón, Piñor, Pontedeva, San Cristovo de Cea, O Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro. No acto de presentación en Fitur proxectouse un vídeo e tivo unha intervención o Presidente do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, Francisco Fernández.

Para ver o video promocional sigue a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=U2XkPKvcmrA