A oposición á planta de residuos do Irixo organizase en duas plataformas distintas

12, Decembro 2011

Os socialistas anunciaron que a "Plataforma Incineradora Non" creada para opoñerse a este proxecto industrial nace con intención "de funcionar de forma asamblearia e co interese en que se incorporen todo tipo de colectivos e particulares". O Concelleiro Carballiñés do PSOE, Adolfo Nogueira, ún dos promotores da plataforma, afanouse en explicar que "moito máis alá das siglas políticas, esto non é unha guerra entre PP-PSOE-BNG, senón un problema que afecta a toda a Comarca do Carballiño". Non obstante, algunhas das persoas asistentes a esa convocatoria desmarcabanse desta plataforma ao non compartir o que consideran é excesivo protagonismo dos socialistas. aos que critican o feito de presentar unha plataforma xa contituída con antelación no seo do propio PSOE.

Os socialistas afirman que "xa son 15 os colectivos que se uniron a este frente,  entre eles moitos do Carballiño, pero tamén da zona de Lalín e O Ribeiro" e anuncian que de inmediato "comezará tamen a incrementar a presenza nas redes sociais, que non nos confundan, os beneficios van ser para uns cantos e a maioria de nós imos ver seriamente danado o noso modo de vida por esta agresión ignominiosa", apuntan desde o Partido Socialista.

E doutra parte, este pasado domingo, quedaba tamén constituída unha Coordenadora Veciñal contra a ubicación no Irixo desta planta. Neste caso, o Portavoz da mesma Alberto González explicaba en COPE O Carbaliño que"esta Coordenadora nace dos veciños das disntintas parroquias do Irixo, e non ten nada que ver cos partidos políticos, aquí no Irixo o Partido Popular ten maioria absoluta e na coordenadora hainos do PP, e tamén doutros partidos, somos veciños e queremos que se nos informe do que se quere aquí, porque ningúen nos explicou nada". Tras varios intentos de entrevisrtarse, sen éxito, co Alcalde do Irixo Manuel Penedo, os promotores desta Coordenadora Veciñal presentaron esta mañá no rexistro municipal do Concello do Irixo un escrito no que lle piden ao Alcalde que convoque unha asemblea informativa aberta á toda a veciñanza, que se celebraría este vindeiro sábado, no caso de que o Rexidor Municipal acepte esta petición.