Os aciagos primeiros minutos condenan ao Arenteiro en Madrid. Os verdes xogaron en inferioridade 60 minutos pola expulsión de Bueso.

30, Abril 2022

Aos cinco minutos de comezar o partido no estadio Vicente del Bosque a UD Adarve marcaba de penalti e aos sete minutos lograban o 2-0, nun fatídico inicio de partido dun Arenteiro que recurtou distancias no marcador no minuto 39 ao tranformar Renan outro penalti, no que sería o 2-1 defintivo.

O Arenteiro saíu dormido ao partido e pagouno caro, porque en apenas 7 minutos os locais contaban cun marcador moi favorable que lles deu tranquilidade, o Arenteiro pola contra tivo que ir xa a remolque, a pesar delo mediada esta primeira parte comezou a despertar, primeiro cun tiro ao longueiro de Sobrido e despóis co penalti por mans dun xogador local dentro da área que marcou Renan, o malo foi que na mesma xogada o árbitro expulsou a Pol Bueso a instantcias do auxiliar e por unha suposta patada sen balón a un rival.

Desta maneira, o Arenteiro quedou en inferioridade nos últimos 10 minutos que aínda se xogaron durante a primeira parte (4 de desconto) máis os 50 minutos do segundo periodo, no que os verdes dominaron ao Adarve durante moitos minutos aínda que sen conseguir abrir brecha na defensa local, polo que o resultado xa non chegou a moverse.

O proximo partido do Arenteiro e xa penúltimo da liga en horario unificado será o domingo que ven ás 12:00 do mediodia no estadio de Espiñedo ante o Navalcarnero, nun encontro no que os verdes poden certificar a permanencia na categoría para a vindeira tempada.

Para ver a ficha do partido abre o arquivo: https://www.rfef.es/actas?pid=3499189