Os institutos carballiñeses e os CPI de Cea e Maside achegan a cultura galega ao seu alumnado

23, Febreiro 2018

A música de The Tetas Van encheu este venres día 23 o Auditorio Municipal Mauuel María do Carballiño con máis de 400 rapaces e rapazas dos centros de ensino da comarca: os CPI Virxe da Saleta de Cea e Terras de Maside e os IES Nº1 e Chamoso Lamas do Carballiño.

Este concerto forma parte dunha serie de actividades para dar a coñecer a cultura galega aos alumnos que estes catro centros levan facendo en conxunto os últimos 5 anos: Poesía na escola, que achegou a O Carballiño a moitos poetas e músicos.

Este ciclo contou nos últimos 3 cursos coa colaboración e axuda económica da Área de Cultura do Concello do Carballiño.

No outono estivo nos centros o poeta carballiñes Quico Valeiras cun obradoiro de poesía dirixido aos máis pequenos. O autor está a punto de publicar o seu primeiro libro de poemas (ó que saben os corpos no que dura unha dársena..) que estará nas librerías moi pronto.

O ciclo pecharase no próximo trimestre co recital poético musical de Anxo Blas.