Os responsables da Adega Cooperativa San Roque buscan o apoio da Consellería do Medio Rural

14, Outubro 2017

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta semana os responsables da Adega Cooperativa San Roque, integrada dentro da Denominación de Orixe Ribeiro.

Con eles analizou as diferentes posibilidades que existen para apoiar o funcionamento desta cooperativa, que agrupa un total de 67 socios e ten a súa sede no concello de Beade, ainda que tamén ten socios doutros concellos ribeiráns, como Leiro. Precisamente, o presidente da cooperativa é Ramón Álvarez, viticultor de Viete.

A Adega Coooperativa San Roque produce viños que comercializa baixo a marca Terra do Castelo.

Conta cunha superficie de cultivo de 3.500 metros cadrados na que predomina a uva Treixadura. Traballa tamén coas variedades Mencía, Torrontés e Godello e ten capacidade para producir arredor de dous millóns de litros de viño.