Os socialistas abandonan o pleno extraordinario que solicitaran sobre transparencia na xestión municipal "porque o PP non quere debatir"

25, Abril 2013

O grupo socialista anunciou que renuncia ás retribucións económicas pola asistencia ao pleno antes de abandonalo, dende o Partido Popular recriminanlle que convoquen un pleno extraordinario para debatir unha moción que podía tratarse en calquera pleno ordinario.

Na moción socialista -único punto no orde do dia- propoñíanse ata un total de 23 medidas para mellorar a transparencia na xestión municipal no concello carballiñés.

"O Partido Popular renunciou ó primeiro turno de intervención, despois Martín empezou a falarnos das súas vivencias no pasado, nos somos un grupo novo e auga pasada non move muiños" manifestou en COPE O Carballiño o portavoz socialista Paco Fumega "o que interesa hoxe e demanda a cidadanía dunha maneira clamorosa é que se doten ós concellos e as adminstraccións públicas de máxima transparencia, nós estabamos presentando unha moción constructiva". Fumega concluía que "o alcalde sempre ten a última palabra e nos non poder rebatir o que nos din".

Opinión ben distinta a que manifestaba o rexedor municipal "quen abandona unha reunión , quen abandona unha corporación non quere debatir, o que quere facelo quédase e debate" dixo en COPE O Carballiño Marnotes. O alcalde, que cerrou a sesión coa súa intervención, recriminou aos socialistas o seu pasado na xestión municipal" en dous anos temos implantado máis mecanismos de control administrativo e financieiro do que se fixo en 16 anos de alcaldes socialistas, non me extraña que marcharan e non quixeran escoitar como por exemplo como en todos os  anos que os socialisas gobernaron non se reuníu a mesa de seguimento do contrato con AQUAGEST, reuniós que son obrigatorias polo menos unha vez ó ano", declarou  o alcalde Argimiro Marnotes nesta emisora de radio.

Á hora da votación, xa cos socialistas ausentes, a moción contou co único voto a favor da concelleira do BNG Áurea Francisco.