Os socialistas do Irixo instan ao concello a dotar de saneamento "a máis de 30 pobos do municipio que carecen deste servizo básico", e afean ao goberno municipal "que gaste cartos en proxectos que non son necesarios"

9, Xullo 2021

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presenta unha moción para ser tratada no próximo Pleno da Corporación, PARA DOTAR DE SANEAMENTO OS MÁIS DE 30 POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN.
Os socialistas na súa moción expoñen:
PRIMEIRO.- Que xa o pasado 8 de setembro de 2017, os socialistas presentamos e levamos o pleno unha moción para DOTAR DE SANEAMENTO OS MÁIS DE 30 POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN, case 4 anos despois O Irixo segue con esta gran deficiencia dun servizo básico tan importante, xa que O Irixo na actualidade ten máis de 30 núcleos de poboación sen servizo de saneamento, algún incluso sen abastecemento de auga corrente.
SEGUNDO.- Que o grupo socialista ven de constatar que de forma total ou parcial no Irixo os seguintes núcleos carecen de Saneamento: Segade, Cangues, A Pedriña, Santiso, Outeiro de Readegos, Cerdeira de arriba, Cerdeira de abaixo, As Antas, Valdesoiro, Paredes, A Ermida, Frixe, Surribas de Froufe, Zebral, O Espiño, Sidre, Covelo, Espiñeira, A Esfarrapa de abaixo, Vila, Trabazón, Munin, Nabas, Barro de San Cosme, Rio, O Coto, Chelos, Zacarade.... e outros moitos...
TERCEIRO.- Que é impensable que en pleno século XXI un goberno municipal non so non sexa capaz de acometer estes servicios básicos para a súa veciñanza, senón que anuncie a construción de pistas de padel e outras custosas infraestruturas para o desfrute principalmente de foráneos, e non sexa quen de ter este servicio básico cuberto para a súa veciñanza, con axuda de outras administracións ou cos seus propios recursos, o saneamento de todos estes pobos ou núcleos de poboación.
CUARTO.- Que debemos recordar que nos últimos días o alcalde do Irixo ve de facer alarde dunha gran inversión na estación dun centro deportivos para as familias, con pistas de padel e outras infraestruturas cando a escasos metros os pobos e a veciñanza carecen dos servizos esenciais para poder vivir dignamente no rural.
QUINTO.- Que entendemos que e imperdoable que se anuncien obras e proxectos para atraer os de afora O Irixo mentres non se fai nada por mellorar a vida polos que residen dentro do Irixo.
SEXTO.- Que entendemos unha falta de traballo imperdoable do goberno municipal, que tendo medios e recursos económicos para acometer o saneamento dos núcleos de poboación do concello non o fai, mestres gasta parte dos seus recursos noutras obras que non son prioritarias como si o é que os veciños teñan o saneamento das súas vivendas garantido.
SEPTIMO.- Que é especialmente preocupante que nalgún pobo se acometese a instalación de saneamento das casas do pobo e finalmente se canalizase e deixase a ceo aberto vertendo por un rego sen finalizar nunha fosa séptica.
Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:
Que o Concello de O Irixo mediante unha modificación de crédito habilite unha partida orzamentaria para poñer en marcha cos seus propios medios e/ou a axuda de outras administracións o saneamento integral de tódolos pobos de O Irixo como prioridade máxima para o Concello fronte a outros proxectos non necesarios.