A parroquia de Lobás celebra este domingo dia 1 a "Madanela de Maio", con prantación de árbores e misas na capela.

29, Abril 2022

A "Madanela de Maio " ou tamén popularmente "a Madanela pequena" é como se chama na parroquia carballiñesa de Santa Uxía de Lobás a esta celebración que ten lugar cada ano o primeiro domingo do mes de maio. 

Según unha tradición secular, tal dia coma éste, os veciños da parroquia prantan árbores e realizan labores de limpeza e conservación neste singular espazo natural.

Ademáis, os devotos da Madanela acuden as misas que se celebran na capela, que para este domingo serán catro: ás 9:00, 10:00 e 12:00 horas, e solemne con procesión ás 13:00 horas. Despóis, quedará para o 22 de xullo o día da romaría anual.