Patrimonio, natureza, termalismo e gastronomia, piares da oferta do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño

18, Xaneiro 2018

Patrimonio natural, termal, histórico-artístico e gastronómico, son os principais alicientes do Xeodestino O Carballiño-O Ribeiro, que foi presentado este xoves en Fitur.

Ao acto asistiron o presidente da mancomunidade turística do Carballiño-Ribeiro, Francisco Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, e a concelleira de Boborás, Patricia Torres. Tamén asistiu a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira.

Fernández Referiuse á creación da mancomunidade Terras do Avia no 2006 como iniciativa moi positiva para promover o desenvolvemento turístico do Carballiño e do Ribeiro, e destacou os puntos fortes da oferta dos concellos que a conforman.

Fumega, que estivo acompañado polos concelleiros de Turismo, Manuel Dacal, e Cultura, Diego Fernández, resaltou os grandes eixos do turismo no Carballiño, especialmente, os balnearios, o entorno natural e a gastronomía, sobre todo o pulpo e a Festa do Pulpo.

A esta celbración festivo-gastronómica tamén se referiu a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira, nomeándoa como unha romaría multitudinaria.