Persoas con discapacidade dos concellos do Carballiño, O Irixo, Maside, Ribadavia e Cenlle partiparon nun curso de alfabetización dixital promovido por COGAMI.

5, Maio 2024

Esta acción formativa estivo organizado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade -COGAMI-, e a ela asistiron persoas con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral procedentes dos concellos do Carballiño, Ribadavia, O Irixo, Cenlle e Maside. 

Con 60 horas lectivas neste curso de alfabetización dixital, abordáronse módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo para a mellora das competencias dixitais.

Ao acto de clausura, asistiron o concelleiro de Benestar Social do concello do Carballiño, Diego Fernández, xunto a Paco Abuín, coordenador da área de formaicón de COGAMI e David Ribada, o docente que impartíu o curso.