A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, insatisfeita coas explicacións do conselleiro, seguirá demandando "pediatras no Carballiño xa"

22, Xaneiro 2024

A Plataforma que ven demandando a reposición das dúas prazas de pediatría no centro de saúde do Carballiño móstrase decepcionada polas explicacións do conselleiro na reunión mantida o pasado venres á que acudiron representantes deste colectivo, xunto a alcaldes e alcaldesas da comarca carballiñesa.

Rocio Valiñas, integrante desta Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño dixo nesta emisora de radio que "estamos como estabamos, é un pequeno paso, pero moi insuficiente", e asegurou que non van parar ata que se cubran as necesidades dunha comarca con 2.300 nenos e nenas en idade pediátrica.

Podes escoitar as manifestacións de Rocio Valiñas no audio adxunto: