A Plataforma Masidá contraria á privatización da auga celebra que ningunha empresa optase á concesión

6, Decembro 2012

O Alcalde de Maside "comunicounos que ningunha empresa concurríu a ofertar os seus servizos", aseguran desde a Plataforma, polo tanto o concurso público deberá declararse deserto.

Esa foi a comunicación que trasladou o rexedor masidao á representación da Plataforma Veciñal no transcurso da entrevista celebrada esta semana na casa do concello de Maside. Desde o colectivo veciñal manifestan que "é un éxito que alomenos de momento este proceso quede paralizado, non podemos máis que alegrarnos deste feito", subliñan.

Interpretan, ademáis, que "as 1.500 sinaturas de veciños que se manifestaban contra a privatización do servizo, tiveron bastante que ver no desenlace dos acontecementos". De feito, están convencidos que "algunha empresa sí estaba interesada en presentar a súa oferta, pero non sabemos o que pudo pasar para que finalmente non se presentase", manifestan.

Asemade, consideran desde a Plataforma que "este capítulo non está pechado, son varias as problemáticas que ten o concello sobre o servizo da auga potable, por eso imos seguuir a traballar, buscando sempre a mellor solución para os veciños"