A Praza da Veracruz acollerá o 22 de abril a "Romaría das Pulpeiras", cun amplo programa gastronómico e festivo.

16, Marzo 2023

A "Romaría das Pulpeiras" nace por iniciativa da Asociación de Pulpeiras e Pulpeiros do Carballiño, e terá lugar o próximo dia 22 de abril -sábado- dende as 12 do mediodia ata a unha da madrugada, e "coa idea de darlle visibilidade á tradición e a internacionalización da Festa do Pulpo", subliñou Manolo Dacal, concelleiro de turismo do concello carballiñés.

O presidente da asociación, Roberto Pereira, avanzou que haberá dúas grandes carpas con capacidade para 1.200 persoas, nas que o público poderá desgustar un menú oficial a base de empanada, pulpo, carne ao caldeiro, sobremesa, café e licores por 35 euros, e tamén  poderá acudir calquera grupo de amigos ou familias levando a súa propia comida, se así o desexa.

No transcurso da xornada para ese dia na praza da Veracruz, haberá inchables infantís gratuítos, desgustacións gratúistas de productos por cortesía dos patrocinadores, actuacións musicais dos acordeonistas "Tira da Billa", a banda e gaitas do Irixo, o DJ Tibu e a orquestra Charleston Big Bang.