A Praza de Abastos premia a súa clientela con viño Pazo Tizón e 7 cestas de nadal con productos do comercio local

23, Decembro 2020

"O Nadal da Praza de Abastos" celebrou sorteo no que repartíu 7 cestas de nadal e unha caixa de viño da adega Pazo Tizón entre a clientela que realizou compras no mercado carballiñés no transcurso das últimas semanas.

Lourdes Trigás poderá brindar esta noiteboa co viño ribeiro de Pazo Tizón. As 7 cestas de nadal con productos do comercio local foron para Eva de Cea, Concepción Riveiro, Mª Dolores Otero González, Irene Jimenez, Lucita Valeiras, Maria Genoveva Fernández Civeira e Puri.

A concelleira de Promoción Económica do concello do Carballiño, Silvia Baranda agradeceu o apoio da veciñanza coas súas compras tanto na Praza de Abastos como no coxunto do comercio local nestas datas de tanta animación comercial, e pola súa parte Eligio González "Quini" felicitou en nome dos praceiros a todas as premiadas neste sorteo, e trasladou o desexo dunhas boas festas para toda a veciñanza do Carballiño e comarca.