Punxín inaugura as Termas do Bañiño, con servizos de vestiarios, aseos, bar, socorrista, aparcadoiro, e baños gratuítos.

12, Xullo 2023

O concello de Punxín cedeu á asociación cultural San Wintila a xestión do servizo de bar-cafetería, que estará aberto a diario de 12:00 a 20:00 horas, e organizará actividades lúdicas e musicais os venres e sábados. A apertura da tempada tivo lugar este mércores dia 12 de xullo.

As termas do Bañiño de Punxín ofrecen baños en augas mineromedicinais en dúas pozas acondicionadas, a temperatura da auga é de 27 graos, e o uso é totalmente gratuíto, o mesmo que o resto dos servizos, como son aparcadoiro para vehículos, vestiarios e aseos. Durante o horario oficial  de apertura tamén se conta con servizo de socorrismo.