A Real Banda de Gaitas, e as bandas Acotaga de Ferrol e Franciscana da Veracruz, acompañan as procesións do Cristo da Saúde e Os Caladiños, no día grande da Semana Santa do Carballiño.

6, Abril 2023

Chega o venres santo neste 7 de abril de 2023, o día grande da Semana Santa carballiñesa da Cofradía da Veracruz, con dúas procesións en horario matinal e vespertino, respectivamente

Ás 12 do mediodia sairá dende o Templo da Veracruz a procesión do Cristo da Saúde, que continuará pola rúa dos Canteiros, Aldara, Praza Maior, Cesáreo Tizón, Vulcano, Mosquera, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Antonio Palacios, para concluir no mesmo Templo da Veracruz. Participa nesta procesión o Paso do Cristo da Saúde, co acompañamento da sección musical da Cofradía Franciscana da Vera Cruz de Santiago de Compostela.

Ás 21 horas, sae do Templo da Veracruz a gran procesión da Semana Santa do Carballiño, a dos caladiños, que seguirá o seu percorrido tradicional polas rúas máis céntricas do Carballiño. Abren filas a Cruz Procesional, o estandarte corporativo da Cofradia da Veracruz e o Lignum Crucis. Participan os Pasos de Santa María Magdalena e San Xoán ao pé da Cruz, o Santisimo Cristo Xacente e a Nosa Señora das Dores. O acompañamento musical estará a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Banda de Cornetas e Trompetas Acotaga de Ferrol.