"Roombo" chega á hostalaría carballiñesa para ofrecer un novo servizo de reparto de comida a domicilio ata 7 km. do restaurante

26, Xaneiro 2023

A casa da cultura do Carballiño acolleu o acto de presentación deste novo servizo de reparto de comida a domicilio, un acto que contou coa colaboración do Centyro Comercial Aberto do Carballiño. Roombo chega a Carballiño, os bares e restaurantes da localidade comezan a traballar coa súa aplicación de reparto a domicilio para pequenas cidades. Moitos dos locales xa decidiron sumarse a esta aplicación que ofrecerá servizo nun rango de 7 kilómetros dende o restaurante.

A súa aplicación é de uso fácil e intuitivo, onde inclúe os pratos dos conciñeiros dos restaurante de confianza de cada cliente. A app está pensada para un uso de acotío e está dispoñible para iOs e Android. No primeiro pedido, Roombo ofrece un desconto do 15% no primeiro pedido co código "carballiño" e, ademais, dende as redes sociais de @roombogalicia lanzan promocións semanais para os seguidores. Esta empresa naceu en plena pandemia no 2020, pensando nas necesidades dos pequenos establecementos das cidades e vilas de menor poboación.

O seu modelo de negocio está "comprometido co comercio local e os seus hostaleiros" e demostrou neste tempo a súa eficacia á hora de contribuír no aumento da facturación. Na filosofía de Roombo está "defender o ámbito local, apostando polas pequenas empresas e o fomento do traballo digno". Dende este compromiso, a empresa defende as condicións laborais dos seus repartidores, así coma as do resto de empregados da organización.

O seu compromiso pasa tamén polos proveedores, os bares e restaurantes, cos que negocian porcentaxes moito menores aos da competencia. As grandes franquicias traballan con beneficios que superan o 40% do prezo do pedido, mentres que Roombo manteno nun 18%. Estes datos supoñen un atrativo para empresarios da hostalaría, que se posicionan a favor da implementación deste modelo que xera riqueza nas comunidades grazas á redución dos "marxes abusivos".