Salvo a relativa o ancho do vial de nova apertura, serán estimadas a maioria das alegacións ó proxecto de acondicionamento do entorno da Veracruz

3, Xuño 2009

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións alcalde do Carballiño

O vindeiro venres dia 5 convocaráse, primeiro a comisión de obras, e posteriormente a comisión de goberno do Concello do Carballiño, para proceder a aprobación incial do proxecto de acondicionamento do entorno da Veracruz. O Alcalde, Carlos Montes, adiantou que serán estimadas a maioria das alegacións presentadas durante o periodo de exposición pública, e que foron varias, e algunhas coindidentes, solicitando a creación dunha zona de xogos infantiís ou unha área de aparcadoiro para autocares, presentadas pola asociación veciñal Camiño e o Partido Popular. Tamen serán estimadas a totalidade das alegacións presentadas polo Párroco e o Bispado, entre elas que se manteña a rampa de acceso á entrada principal do Templo, a comunicación coa rectoral ou que se permita o acceso de vehículos pola parte dereita da Igrexa, tal como acontece na actualidade. Pola contra, será rexeitada a solicitude do Partido Popular  en relación o ancho do vial de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamonde, que será de 11 metros tal como se recolleu no proxecto promovido polo Concello e non de 16 metros, tal como fixaba o PXOM e demandaba o Partido Popular. Montes entende que un ancho de 16 metros sería excesivo e non respetaria a filosofia do proxecto, asegurando ademáis que non haberá ningún tipo de problema sobre a legalidade do novo vial, tal como plantexan os populares. Tamén deberá este vindeiro venres decidirse sobre a petición de conectar este novo vial coa rúa Adolfo Otero. Dase a circustancia que nas alegacións presentadas polo Partido Popular esta petición referíase a rúa Florentino Cuevillas, ó aparecer invertidos os nomes de ambas rúas no PXOM, un erro que fixo constar esta mañá o portavoz do PP Argimiro Marnotes a través dun escrito presentado no rexistro municipal.