Seis orquestras animan as festas de Stª Rita en Dacón, entre elas "Panorama" e "Paris de Noia"

20, Maio 2009

Aurelio, Rodi e Narciso forman a comisión de festas

 

Coa programación máis ambiciosa dos últimos anos, na que descatan as orquestras "Panorama" e "Paris de Noia", consideradas como as dúas mellores orquestras de Galicia, Dacón vive xa ambiente festivo.

 A presencia destas dúas grandes orquestras para a noite do venres 22, e a asistencia multitudinaria que se prevé levou a comisión de festas a organizar un servizo de transporte en autocar, que comunicará O Carballiño -rúa Evaristo Vaamonde- con Dacón, con intervalos de unha hora a partir das 10 da noite en adiante. Para as outras dúas verbenas destas festas de Santa Rita, do 21 ó 23 de maio, cóntase coas orquestras Marbella, Olympus, Nueva Generación e Casablanca, tamén de alto nivel artístico. Completan a programación musical a banda de gaitas do Concello de Verea, que actúa o dia 23,  a banda-escola do Carballiño que ofrecera concertos e acompañará á procesión de Santa Rita o dia 22, e un concerto da coral polifónica do Casino do Carballiño. Ademaís, para os nenos  están programadas diversas actividades durante os tres días, e para os maiores xogos populares. As sesións de fogo artístico estarán a cargo da pirotecnia Abad, e o momento maís emotivo será o acto no que se recordará a Alfonso Róo Gil, ex-presidente da Asociación de Veciños e tantas veces organizador destas festas, falecido o ano pasado tras sufrir un accidente laboral. A praza do centro do pobo levará a partir de agora o seu nome. 

Durante os últimos dias, e desde que comezou a novena na igrexa parroquial, calcúlase que unhas mil persoas acheganse diariamente a Dacón, desbordando a capacidade do Tempo Parroquial nas tres misas que se celebran a diario con motivo desta novena á Santa Rita, que acadou unha gran popularidade nos últimos anos. A diario centos de persoas, sobrre todo mulleres, fan o camiño entre O Carballiño e Dacón a pé, o que xa se convertíu nunha tradición. A Comisión de festas, integrada por tres daconenses, Aurelio, Rodi e Narciso, xa teñen as contas cadradas e antes de iniciarse a programación festiva o orzamento xa está cuberto.