Semana decisiva: C.D. Arenteiro espera a decisión da Federación para saber a categoria na que competirá

19, Xullo 2014

Esta vindeira semana será decisiva para coñecer o futuro deportivo inmediato de Club Deportivo Arenteiro que, xunto o Domaio C.F. de Moaña, están a espera de saber se finalmente van ocupar ou non a vacante que deixou o Ourense B na Preferente Autonómica.

O Domaio, que foi cuarto clasificado no grupo pontevedrés da 1ª autonómica acadou 64 anos na última liga, mentres que o Arenteiro clasificouse terceiro no grupo ourensano, no que acadou 74 puntos. Os dereitos deportivos parecen estar claramente a favor do Arenteiro, pero ante as presións que están exercendo dende as Rias Baixas tampouco se descarta que a Federación deixe o grupo con 19 equipos para a tempada 2014/2015.

O club carballiñés xa trasladou á Federación a súa inquietude pola tardanza en tomar unha decisión, nunha absoluta situación de incertidume que se prolonga dende finais do mes de Xuño.