Será o próximo martes dia 9: novo cribado aleatorio a 2.000 persoas de Maside, Punxín e O Carballiño

5, Febreiro 2021

Sergas ven de anunciar a convocatoria dun novo cribado masivo ao que serán citados 2.000 veciños e veciñas dos concellos de Maside, Punxín e O Carballiño, faráse de novo no Pavillón Paco Chao do Carballño e coa mesma finalidade do realizado o pasado domingo, detectar positivos asintomáticos de Covid-19.

A convocatoria faráse tamén via SMS, que recibirán nos próximos dias as persoas que serán seleccionadas aleatoriamente, e desta vez non so veciñas do Carballiño, senón tamén de Maside e Punxín. No Carballiño, das 1304 persoas que acudiron ao cribado do pasado domingo dia 31 de Xaneiro deron positivo 14, unha cifra considerada alta e os contaxios activos no municipio alcanzaron a cifra record desta terceira onda da pandemia, 115 casos, este pasado xoves dia 4 de Febreiro. En Punxín e Maside, municipios que comezaron o ano sen contaxios activos, acumulan 5 e 24 contaxios activos, respectivamente.

As persoas seleccionadas aleatoriamente serán convocadas para facerse unha PCR, ainda que ten carácter voluntario, dende o Sergas piden a máxima participación xa que os resultados serán de gran axuda para o control da pandemia ao detectar casos asintomáticos e cortar a transmisión aos seus contactos.

O Carballiño ten, a día de hoxe, 109 casos activos, multiplicando por 12 a súa incidencia desde o 1 de xaneiro, data na que contaban só con 9 casos, e ningún no caso de Maside ou Punxín, que hoxe teñen, respectivamente, 24 e 5.

A relación de casos activos, especialmente nestes dous últimos concellos, non supón un alto número, pero si preocupa a progresiva suba das súas taxas, que se incrementaron significativamente, nos últimos 14 días, ata acadar un indicador de 721 casos por 100.000 habitantes en Punxín, 813 en Maside e 741 no Carballiño, o que motiva esta nova actuación preventiva.

Importancia da participación na mostraxe
A situación de Carballiño preocupa especialmente pola súa evolución crecente pese as medidas restrictivas adoptadas, o que xa deu lugar a un cribado anterior, realizado o pasado día 31 de xaneiro, no que se detectaron 14 casos activos asintomáticos. Unha alta taxa de positividade pese a que só participaron o 65.2% das 2.000 persos citadas, polo que o Sergas decidiu duplicar os seus esforzos.

Os veciños e veciñas, seleccionados aleatoriamente, serán convocados por SMS nas próximas horas, para acudir, en horario de tarde, ao Pavillón Deportivo Paco Chao, onde tamén se realizou o cribado anterior.

O sistema elixido para esta mostraxe será unha mostra nasal para a realización dunha PCR. Como ven sendo habitual, nestes peneirados masivos que se están a suceder na nosa provincia, a proba será voluntaria, non si, as autoridades sanitarias solicitan a todos e todas as convocadas que participen, xa que os resultados serán de gran axuda no control da epidemia, ao detectar casos asintomáticos e cortar a transmisión aos seus contactos, e aportarán información de utilidade sobre a tipoloxía dos gromos e as súas vías de transmisión.

Recoméndase asemade seguir as instrucións, en canto a horarios e medidas de protección, e por suposto, non acudir en caso de non estar citados, ou non facelo de estar en illamento por un diagnóstico positivo, posterior á convocatoria, ou gardando corentena á espera do resultado dunha proba.

A citación, realizarase nas próximas horas a través dunha mensaxe de SMS, na que se indica a hora e lugar ao que denen acodir. A mensaxe enviarase ao teléfono que consta na ficha de cada usuario, polo que, novamente, o Servizo Galego de Saúde lembra a importancia de manter os datos de contacto actualizados, comprobando estar dado de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas.

Igualmente prégase dar apoio aos achegados de maior idade, ou dificultades coas novas tecnoloxías, para comprobar se reciben o SMS de invitación. Estas probas non se deben confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan realizándose por outras vías