Tiruleque Teatro estrea "Soutelo Enterprise", visita arrepiante na Freixa e 3 películas no Novocine de Leiro, na axenda da fin de semana.

5, Novembro 2021

Tiruleque Teatro clausura esta fin de semana a Mostra de Teatro Afeccionado que organizou e veu desenvolvendose no transcurso do último mes no auditorio do Carballiño, sábado e domingo ás 20:30 horas, esta agrupación teatral carballiñesa estrea novo espectúculo "Soutelo Enterprise", unha traxicomedia de risas e prantos.

Doutra parte, comezas esta fin de semana os sábados de arrepío en San Bartolomeu da Freixa que terán continuidade todos os sábados deste mes de novembro, organizados polo concello de Boborás. Dar Trela Teatro invítanos a unha arrepiante visita teatralizada a este pintoresco lugarciño sito na parroquia de Cameixa. Haberá 3 pases cada sábado, a patir das 20:30 horas e cunha duración aproximada de media hora.

A carteleira do NOVOCINE de Leiro ofrécenos 3 películas dende o venres 5 ao domingo 7, cos seguintes horarios e títulos: Ás 16 horas "Ron da error", ás 18:15 horas "La Familia Adams 2, October", e finalmente, ás 20 horas "El último duelo".