Traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio demandan do concello a convocatoria dunha mesa de negociación

26, Agosto 2014

Un grupo de traballadoras do Servizo de Axuda a Domicilio, que xestiona a empresa Galáurea, apoiadas pola CIG, concentraronse diante a casa do concello en demanda da convocatoria dunha mesa de negociación.

A concentración tamén estivo apoida polos grupos municipais de PSdG e BNG, e por AGE. Pretenden unha solución para as "disfuncións que está a sufrir o servizo dende que a empresa se fixo cargo do mesmo".

Instan ao alcalde do Carballiño para que faga as xestións necesarias para que se abra unha mesa de negociación na que estean representadas as traballadoras, a empresa e o propio concello.