Un brinde polo consenso para a obra no entorno da Veracruz

28, Decembro 2010

Asi deste maneira escenificaron os 3 portavoces da Corporación Municipal a mensaxe unitaria na busca do consenso para o proxecto da praza no entorno da Veracruz, facendo un brinde -as copas estaban baleiras- simbólico, transmitindo á opinión pública unha postura común dos grupos políticos do Concello do Carballiño. O Alcalde, Carlos Montes, decía que "a pelota está agora no noso tellado, e a nosa responsabilidade será agora buscar o maior consenso posible". Tamén destacaba este espírito de unidade O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, que recalcaba a necesidade de darlle a Xunta unha resposta consensuada polo conxunto da sociedade carballiñesa. Amil congratulábase do feito de que O Conselleiro garantise persoalmente a execución do proxecto, para o ano que vén co remate dos viais e o acondicionamento provisional do espazo no que xa se actúou, e tamén -sobre todo- a continuuidade do proxecto unha vez que se chegue a esa situación de consenso. O Portavoz nacionalista espera "que ningúen pretenda sacarlle rédito político a este proxecto e que sexamos capaces de actúar con espírito de grandeza". Pola súa parte, Argimiro Marnotes agradecía "o compromiso da Xunta e do Conselleiro con esta obra, como se demostrou desde o principio". O Portavoz do Partido Popular decía, finalmente, que "este debe ser o proxecto de todo o pobo do Carballiño".

Desde a "Platoforma en defensa do legado de Evaristo Vaamonde" acolleuse con satisfacción o anuncio de suspender a execución do proxecto que estaba previsto. Desde este colectivo cidadán, Jose Luis Alves agradeceu a través de esta emisora de radio "os apoios recibidos" e anuncio que desde a plataforma están  na mellor disposición posible para chegar a ese consenso que pide a Xunta.