Un Ex-Concelleiro e Ex-Deputado Provincial do PP promove unha candidatura independente en Maside

8, Febreiro 2011

Un grupo de veciños de Maside traballa na presentación dunha candidatura independente, coa intención de concurrir ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Entre os promotores da candidatura atópase Gustavo Alvarez Pérez, e con él un grupo de persoas que fai 4 anos apoiaron a Celso Fernández, o actúal Alcalde do PSOE. Agora, entenden que non se cumpliron as expectativas polas que apostaron daquéla e por eso -declarou Alvarez a esta emisora de radio- "decidimos crear unha candidatura independente, porque estamos nas mesmas de sempre, aquí en Maside non se fixo nada do que se prometeu, e desta maneira Maside non tira". Gustavo Alvarez Pérez xa tén unha coñecida traxectoria política, e aínda que nas eleccións de 2007 apoiara o PSOE, xa en 1991 encabezara a candidatura do PP en Maside, e obtivera daquéla 4 concelleiros, que sumados os 5 de Centristas deran a Alcaldia de Maside a Benigno Alvarez. Incluso, durante 4 anos, Gustavo Alvarez fora deputado provincial do PP pola Comarca do Carballiño, e exercera a responsabilidade como Deputado de Cultura na entidade provincial.