Un gol de Iglesias ante o Allariz da ao Arenteiro a primeira victoria da liga

5, Setembro 2011

Un tempo para cada equipo e os 3 primeiros puntos da liga para o Arenteiro no partido xogado no municipal de Espiñedo ante un C.D. Allariz que vendeu cara a derrota. No primeiro periodo o Arenteiro foi amo e señor do partido, o Allariz tirou o primeiro tiro a portería no minuto 43, antes, á media hora de partido Iglesias aprobeitou un balón co que se atopou dentro da área para facer o primeiro gol da tempada en Espiñedo, e tamén antes o Arenteiro tivera un par de ocasións para adiantarse no marcador.

Xa na reaunudación do partido, ós 10 minutos, o árbitro expulsou por doble amarela a Gabriel, e desde este momento o partido cambeou radicalmente, o Allariz pasou de dominado a claro dominador, adiantou con decisión as súas liñas e dispuxo de atá dúas oportunidades moi claras para igualar no marcador. Sen embargo, sería novamente Iglesias quen tería outra oportunidade para sentenciar o partido, pero non soubo definir ante o porteiro visitante. A 8 minutos para o final o Allariz tamén se quedaba con 10 xogadores por expulsión dun dos seus defensores, aínda asi o resultado estivo aberto atá o pitido final.