Un motorista faleceu na N-541, nas inmediacións do alto do Paraño, no segundo accidente grave que ocorre neste lugar en 4 dias

15, Setembro 2009

O Accidente produciuse nas inmediacións da localidade do Regueiro, no treito da estrada N-541 que decorre dentro do ámbito municipal do Concello do Irixo, nos montes do Paraño. Por causas que se descoñecen, o motorista saíuse da via e faleceu ó pouco tempo de producirse o sinistro. O Servizo do 112 informou que solicitou o desplazamento do helicóptero  de Emerxencias, aínda que xa non foi necesaria a súa intervención. O accidente ocurríu arredor das cinco e media da tarde, e a víctima mortal foi un veciño de Ourense, de 30 anos de idade.Tratase do segundo accidente de moto e de gravidade que se rexistra nesta estrada N-541 en catro dias, xa que o pasado sábado e tamén nas inmediacións do alto do Paraño outros dous mozos resultaron con feridas graves tras protagonizar un accidente con dúas motos, que ademáis provocou un incendio forestal ó prender un lume orixinado por unha chispa.