Un partido redondo en defensa permite ao Arenteiro sumar outros 3 puntos de ouro no Alcalde Manuel Candocia de Somozas

4, Abril 2021

O Arenteiro viaxaba para iniciar a segunda fase da competición no grupo do ascenso directo á 2ª RFEF ao campo do equipo máximo realizador entre os 24 do grupo 1 da terceira división, O Somozas, un equipo de marcada vocación ofensiva e plagado de bos xogadores con moita experiencia tanto en Segunda B como en Terceira, pero o Arenteiro non lle concedeu opcións en 95 minutos de partido, tras unha gran lección defensiva dos verdes.

Xogando con balón, pero sobre todo sen balón, o Arenteiro fixo un partido redondo, anulando todo o enorme potencial ofensivo do Somozas e agardando a súa oportunidade. Chegou mediada a segunda parte, tras un dos tamén contados erros defensivos dos locais, Marquitos adentrouse na área para servir un balón que rematou Naveira chegando no segundo pau. E aínda pudo ampliar a vataxe no marcador o Arenteiro noutra boa xogada que culminou Alex Ferández, o balón petou no poste e nas costas do gardameta local e foise fora.

Outros tres puntos de ouro para o Arenteiro, que continúa asi sgundo  a 1 punto do Bergantiños e con 5 de vantaxe sobre o terceiro, o Lugo B, precisamente o próximo rival da vindeira fin de semana en Espiñedo. Un partido que podería ter que adiantarse ao sábado por imperativo da TVG.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...