Un veciño de Maside, ferido grave nun accidente de tráfico en Godás do Rio

22, Agosto 2009

O accidente ocurría ás oito da tarde deste venres dia 21 de agosto, cando este veciño de Maside, Luis Arturo B.F., circulaba en bicicleta pola N-541 á altura da localidade de Godás do Río, no término municipal do Carballiño. O ciclista foi alcanzado por un vehículo, un renault clio que circulaba en dirección O Carballiño conducido por unha veciña do Concello de Beariz. A gravidade do impacto sufrido polo ciclista na caída, fixo recomendable o seu traslado urxente en helicóptero atá o Complexo Hospitalario de Ourense.