Valladares conserva unha ampla maioría con 8 concelleiros, perde un a favor do BNG que suma 3 na próxima corporación.

28, Maio 2023

José Luis Valladares retrocede un concelleiro, aínda que conserva unha ampla maioria no pleno da corporación de Cea na que o Partido Popular contará con 8 concelleiros ao conseguir o 70,97% dos votos, que foron 971. 

O Bloque Nacionalista Galego, liderado por Manuel Pérez consigue para os nacionalistas o mellor resultado electoral da comarca, cos seus 331 votos este 28-M, o que representa o 24,19% do voto válido, terá 3 concelleiros na próxima corporación, un máis que no mandato que agora remata.

O PSOE, con apenas 57 votos en Cea, volve quedarse fora da próxima corporación.