A Xunta autoriza a apertura de ximnasios, recintos deportivos e culturais no concello do Carballiño, xa en vigor dende este xoves dia 5 de Novembro. Boborás e O Irixo regresan á fase 2.

5, Novembro 2020

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a actualización das restricións vixentes no concello do Carballiño, que entraron en vigor ás 00:00 horas deste xoves dia 5de Novembro, flexibilizando un chisco as medidas que viñan aplicandose dende fai dúas semanas.

Asi, a Xunta volve permitir dende hoxe a apertura dos ximnasios no concello do Carballiño, que ata agora permanecían pechados, para a práctica deportiva aínda que limitando a actividade a que sexa individual ou para grupos de persoas conviventes. Tamén se autoriza o uso de intalacións e recintos deportivos do Carballiño, asi como os de carácter cultural, como o auditorio, con limite de aforo o mesmo que nos espectáculos deportivos terá que haber limitación de aforo, tamén para teatro, cine ou espectáculos musicais.

Polo demáis, continúan vixentes tanto a mobiliade reducida -non se pode sair nin os de fora entrar no Carballiño- e tampouco hai novidades para a hostelería e restauración, que seguirán pechadas e tan so con servizo para levar á casa ou recollida no propio local.

Boborás e O Irixo

Ambos municipios regresan á fase 2, e volven permitirse as actividades consideradas non esenciais. Desta maneira, volve permitirse a apertura de restaurantes e bares, que poderán atender no interior cun aforo do 50% e en terraza ata o 75%, e poden reunirse grupos de ata seis persoas. Ademáis, os residentes tanto no Irixo como en Boborás, xa poden desplazarse  fora do concello a aqueles municipios que non teñan restrinxida a mobilidade. Pero non poderán entrar en municipios que teñan prohibida a entrada como é o caso do Carballiño, e dende as 00:00 deste sábado noutros 59 concellos galegos.