A Xunta autoriza a instalación do parque eólico Paraño Oeste, en montes de Beariz, que terá unha potencia de 49,7 megavatios e no que Eólica Galenova investirá 36 millóns de euros.

19, Xullo 2023

A Xunta ven de publicar no DOGA do mércores 19 de xullo a autorización administrativa de construcción do proxecto do parque eólico denominado Paraño Oeste, que se localiza en montes dentro dos termos municipais de Beariz e Forcarei, ambos concellos presentaran reparos a este proxecto durante o periodo de exposición pública, igual que veciños e asociacións da bisbarra de Terra de Montes.

A promotora do novo parque eólico é a sociedade Eólica Galenova, que proxecta instalar unha potencia de 49,7 megavatios, cunha inversión que supera os 36 millóns de euros, sen IVE.

A resolución de autorización autonómica aínda non é firme na via administrativa, pois contra a mesma pode presentarse recurso de alzada no prazo dun mes.