A Xunta concede 42.000 € ao concello de Boborás para mellorar o Punto de Atención á Infancia e ampliar o seu parque infantil

7, Febreiro 2023

A Xunta concedeulle 42.000 euros ao Concello de Boborás para mellorar o seu Punto de Atención á Infancia e ampliar o seu parque infantil. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe as instalacións nas que se realizaron as obras de mellora.

A conselleira resaltou que esta actuación permitiu renovar as ventás e os accesos ao centro e tamén facer máis amplo o parque infantil anexo ás instalacións, que comparte co colexio de Boborás. O Punto de Atención á Infancia ten capacidade para 20 nenos e supón un importante recurso de conciliación para as familias desta localidade, que poden ir a traballar coa tranquilidade de que os seus pequenos de 0 a 3 anos estarán ben atendidos. Ademais, desde este curso os pais non tiveron que pagar nada pola atención educativa neste centro