A Xunta de Goberno do Concello Carballiñés aprobou o proxecto de urbanización da praza da Veracruz

27, Abril 2009

Agora, unha vez adoptado o acordo por parte da Xunta Local de Goberno, e unha vez que se proceda a súa publiiación, haberá un prazo de vinte diás no que estará en periodo de exposición pública, ós efectos de presentación de posibles alegacións ou reclamacións contra o mesmo. O acordo da Xunta de Goberno da desta maneira luz verde municipal a este proxecto de urbanización do entorno da Veracruz, despois da polémica suscitada sobre a súa legalidade urbanística en relación do ancho do vial de nova apertura que comunicará a praza de San Ramón coa rúa Evaristo Vaamonde, e que segundo as advertencias do Partido popular vulnera o PXOM do Carballiño, ó reducir a 11 metros de ancho unha rúa que debería ser de 16. Non entanto, informes do Director Xeral de Urbanísmo da extinta Consellería de Política Territorial e Obras públicas e do arquicteto municipal, precisamente os redactores do proxecto, avalaron a legalidade do mesmo. O Alcalde carballiñés subliñou que, unha vez superado o periodo de exposición pública, o proxecto será remitido á nova consellería do territorio e infraestructuras para que proceda de inmediato a licitación da obra.

A actuación prevista está orzamentada en millón e medio de euos, que deberá aportar a administración autonómica, e consistirá na construcción dunha praza no entorno do Templo deseñado por Palacios,  dunha superficie de trece mil metros cadrados. Será acondicionada a base dun pavimento de terra batida con pedras enrasadas, e a plantación de 83 especies de plantas arbóreas e ornamentais. Todo o recinto rodearáse dun muro de mampostería granítica. Completaráse coa instalación de bancos de pedra, madeira e fundición, asi como proxectores de luz empotrados na zona axardinada e orientados ás fachadas da igrexa. Finalmente, o proxecto contempla a apertura dunha rúa que enlazará a praza de San Ramón con Evaristo Vaamononde, e que deu lugar a esta controversia entre socialistas e populares. Polo de agora, van alá dezaséis anos desde que comezou a xestarse esta obra, no ano 1993, e sendo alcalde do Carballiño José Luis García Rodríguez.