A Xunta de Portavoces acorda abrir expediente para distinguir a "Paul" có titulo de "Amigo Predilecto do Carballiño"

12, Xullo 2010

Os Portavoces dos tres grupos políticos con representación na Corporación Municipal do Carballiño, PSOE, BNG e PP, reunidos esta mañá, acordaron "que por parte do Concello se tramite o expediente para distinguuir a "Paul" có título de Amigo Predilecto do Carballiño, xa que esta consideración é unha forma de agradecer a repercusión internacional que tivo a nosa vila". O famoso celalópodo do acuario alemán que prediciu os éxitos de España na Copa de Mundo de Fútbol é elevado á categoria de personalidade pola Xunta de Portavoces do Concello Carballiñés, e asi se recolle na acta da reunión na que se espeficica que "se faculta ó Alcalde para que leve a cabo as xestións oportunas a fin de conseguir que unha comitiva da localidade xermana que acolle a Paul poida visitar a nosa vila en tan sinalada data e na maneira do posible traer consigo a tan afamada personalidade". A visita faríase coincidir có vindeiro dia 8 da agosto, data de celebración da Festa do Polbo, e para a que desde o Concello Carballiñés tamén se cursará unha invitación especial ó Presidente da Federación Española de fútbol, Angel María Villar, o adestrador Vicente del Bosque, e ós xogadores que conseguiron para España a primeira Copa do Mundo da súa historia. Este anuncio fíxose coincidir coa presentación do cartel anunciador da festa, do que outro ano máís é o seu autor o carballiñes Felipe -Senén López Gómez, un acto que se desenvolveu na casa do concello e ó que, ademáis do Alcalde e o Concelleiro de Festexos, tamén acudiron os patrocinadores da festa, que estará este ano dedicada ó Mosteiro de Oseira.