A Xunta inicia a renovación da sinalización vertical da autoestrada AG-53 e o ramal do Carballliño (AG-54)

6, Febreiro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia a renovación da sinalización vertical das autoestradas Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54).

Esta intervención, que conta cun investimento autonómico de 80.000 euros, forma parte das inspección realizadas o ano pasado polo departamento de Infraestruturas da Xunta no marco das actuacións de conservación e mellora da rede de estradas autonómicas.

Mediante esta actuación vaise substituír o 33% dos sinais, o que supón un total de 330 dos 980 elementos existentes nas autoestradas: placas complementarias, sinais e carteis.

Esta semana comezarán os traballos correspondentes á renovación de carteis, para o que será preciso realizar o corte dun dos carrís, manténdose a circulación polo outro. Con esta actuación renóvanse os sinais colocados na súa maioría en 2007, no caso do tramo da AG-53, Dozón-Cea, e no ano 2009 no tramo Cea-A-52, no enlace de Piñor e na AG-54. Non se renovarán aqueles que xa foron substituídos por presentar un maior desgaste, por accidentes ou as instaladas máis recentemente por cuestións específicas, como evitar entradas en sentido contrario.