A Xunta renova o seu apoio ao Cine-Club Carballiño a través da Federación de Cineclubs de Galicia.

28, Xaneiro 2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o presidente da Federación de Cineclubs de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, mantiveron unha reunión na que acordaron renovar o convenio de colaboración entre as dúas entidades para continuar a garantir a proxección de películas durante todo o ano nas 13 localidades galegas, entre elas O Carballiño, da man do Cine-Club Carballiño que ofrece unha programación estable durante boa parte do ano, agás en verán.

Serán 30.000 euros os que se disporán desde a Xunta para que esta asociación sen ánimo de lucro, que traballa desde hai case que 40 anos a prol da cultura cinematográfica en xeral e con especial atención á defensa e apoio á produción galega, poida seguir ofrecendo ofrecendo o seu apoio a 13 entidades cineclubistas galegas, entre elas o Cine-Club Carballiño, que proxecta con carácter semanal a súa programación no auditorio do Carballiño, aínda que tamén organiza ciclos cinematográficos coincidindo cos datas concretas como o nadal, ou "Flores de Cine" durante o mes de xullo.