O BNG pide ao concello medidas urxentes “para asegurar o abastecemento de auga a O Carballiño e Maside e preservar a calidade da auga e do río Arenteiro”. Escoita aquí a Manuel Chan.

O responsable local e candidato á alcadía do Carballiño da formación nacionalista pasou polos micrófonos de COPE para mostrar a súa preocupación polo abastecemento municipal de auga, demandando medidas concretas como “o control das fugas na rede e analíticas máis completas”.

Ademáis, Manuel Chan pide a restauración e limpeza das presas existentes no río Arenteiro e sobre todo augas arriba do punto de captación e mesmo estudar a posibilidade do bombeo de auga desde o río Miño, que desde o deposito distribuidor do monte de San Trocado abastece aos municipios de Cenlle, San Amaro e Punxín.

Para o BNG “o abastecemento de auga e conseguir un río vivo” deben ser unha prioridade na xestión municipal.

Escóitao aquí:

Compartir en: