Día: 19 de agosto de 2026

O BNG pide ao concello medidas urxentes “para asegurar o abastecemento de auga a O Carballiño e Maside e preservar a calidade da auga e do río Arenteiro”. Escoita aquí a Manuel Chan.

O BNG pide ao concello medidas urxentes “para asegurar o abastecemento de auga a O Carballiño e Maside e preservar a calidade da auga e do río Arenteiro”. Escoita aquí a Manuel Chan.

O responsable local e candidato á alcadía do Carballiño da formación nacionalista pasou polos micrófonos de COPE para mostrar a súa preocupación polo abastecemento municipal de auga, demandando medidas concretas como "o control das fugas na rede e analíticas máis completas". Ademáis, Manuel Chan pide a restauración e limpeza das presas existentes no río Arenteiro e sobre todo augas arriba do punto de captación e mesmo estudar a posibilidade do bombeo de auga desde o río Miño, que desde o deposito distribuidor do monte de San Trocado abastece aos municipios de Cenlle, San Amaro e Punxín. Para o BNG "o…
Read More

D. Agustín González López -D.E.P.-

Faleceu en A Quintá -San Fiz- (San Amaro) aos 66 anos. Esposa: Rosa García Muradás. Fillos: Julio, Juan Manuel e David González García. Fillas políticas: Paula Arias González e Victoria Cacheda Rodríguez. Netos: Aarón, Iara e Hugo. Irmáns: Julio, Rosa e Avelino González López. Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia agradecen unha oración. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 20 as doce da mañá dende o velorio de San Amaro ata a igrexa parroquial de San Fiz de Navío ( San Amaro) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial.…
Read More
O viño coa gastronomía, a artesanía, a música ou os produtos de proximidade esta próxima fin de semana protagonistas no “Festival Espírito Ribeiro” en Cenlle

O viño coa gastronomía, a artesanía, a música ou os produtos de proximidade esta próxima fin de semana protagonistas no “Festival Espírito Ribeiro” en Cenlle

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou na presentación do Festival Espírito Ribeiro, que se celebrará en Cenlle os días 22 e 23 de agosto, no Campo do Cabalo, en Laias, no marco dos Concertos do Xacobeo de Turismo de Galicia. Tras a celebración da pasada edición en Castrelo de Miño, Cenlle toma este ano o relevo antes de que a iniciativa pase á Arnoia en 2027,…
Read More