O doente entrou en parada cardiorrespiratoria, sendo finalmente trasladado con vida en helicóptero medicalizado, despois de ser rescatado no río Silvaboa, a altura de Casfigueiro, na parroquia da Canda, no termo municipal do concello de Piñor.
Aconteceu ao mediodia deste lúns 8 de xuño cando o 112 Galicia atendeu unha petición de colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por mor dunha persoa que aboiaba na auga do río.
Era necesario o rescate para prestar asistencia médica a un home que flotaba na auga e parecía estar aínda con vida. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros do Carballiño, así como aos da Garda Civil.
Os efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros sacaron a persoa do río e os profesionais sanitarios comezaron coas labores de reanimación, pois entrara en parada cardiorrespiratoria. Finalmente, o home foi evacuado con vida no helicóptero medicalizado con base en Ourense, ainda finalmente falecía horas despois.


