Día: 8 de junio de 2026

O Carballiño presenta en Lanzarote a 64 Festa do Pulpo, dedicada este ano a esta illa canaria

O Carballiño presenta en Lanzarote a 64 Festa do Pulpo, dedicada este ano a esta illa canaria

O emblemático Castelo de San Xosé de Lanzarote acolleu a presentación oficial da 64ª Festa do Pulpo do Carballiño, declarada de Interese Turístico Internacional, que este ano estará dedicada á illa canaria. O acto contou coa participación do presidente do Cabildo de Lanzarote, Oswaldo Betancort; o conselleiro de Centros de Arte, Cultura e Turismo de Lanzarote, Ángel Vázquez; o alcalde en funcións do Carballiño, José Rafael Castro-Gil; o concelleiro de Turismo e Industria, Manuel Dacal, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Baranda. O alcalde en funcións do Carballiño quixo destacar a defensa da calidade da cociña atlántica en ambos…
Read More

Dña. Josefa López Mato (Viúva de Claudino Pérez Cibeira e natural de Ventosa – Boborás) -D.E.P.-

Faleceu aos 84 anos. Fillos: Fina, Dorita, Pancho e Mari Luz (+) Pérez López. Irmá: Alicia López Mato. Fillos políticos, netos, bisnetos e demais familia. Róganlles unha oración a a asistencia á conducción o martes dia 9 de maio ás 7 da tarde dende Tanatorio Veracruz Parque Empresarial O Carballiño (sala nº1) ata a igrexa parroquial de San Pedro de Xurenzás na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Os bombeiros do Carballiño rescatan con vida a un home en parada cardiorrespiratoria que flotaba nas augas do río Silvaboa, en Piñor

Os bombeiros do Carballiño rescatan con vida a un home en parada cardiorrespiratoria que flotaba nas augas do río Silvaboa, en Piñor

O doente entrou en parada cardiorrespiratoria, sendo finalmente trasladado con vida en helicóptero medicalizado, despois de ser rescatado no río Silvaboa, a altura de Casfigueiro, na parroquia da Canda, no termo municipal do concello de Piñor. Aconteceu ao mediodia deste lúns 8 de xuño cando o 112 Galicia atendeu unha petición de colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por mor dunha persoa que aboiaba na auga do río. Era necesario o rescate para prestar asistencia médica a un home que flotaba na auga e parecía estar aínda con vida. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de…
Read More

D. Ángel Manuel García García ” O Grobas de Ardesende” (Viúvo de Concepción Fernández Guzmán) -D.E.P.-

Faleceu en Ardesende -Cobas- (Cea) aos 89 anos. Fillos: Ángel Manuel e María Mercedes García Fernández. Fillos políticos, netos, netos políticos, bisneta, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 9 as sete da tarde dende o velorio municipal de Cea ata a igrexa parroquial de Santa María de Cobas (Cea) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse hoxe luns día 8 as catro da tarde. Rógase non envíen flores.
Read More