Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O Concello Masidao adxudica varios proxectos

1, Abril 2009 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A un total de 268 mil euros ascende o importe dos investimentos en distintas obras que ven de adxudicar a Comisión de Goberno do Concello de Maside, e das que se beneficiarán varias localidades do ámbito municipal. Concretamente, levaráse a cabo a pavimentación de estradas e camiños nos pobos de Listanco, Pousada, A Carreira, Manzós, Santián, Garabás e Luuredo. Os traballos terán un orzamento de 110 mil euros, e a empresa que resultou adxudicataria foi Lorvicón.

Xa na capitalidade municipal, na vila de Maside, cóntase cun orzamento de 78 mil euros para a urbanización da rúa Sanjurjo e a praza de Correos. E finalmente, o Concello Masidao investirá outros 80 mil euros na reforma da iluminación pública da localidade de Dacón, ónde se instalará un novo sistema de aforro enerxético.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-concello-masidao-adxudica-varios-proxectos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-masidao-adxudica-varios-proxectos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-masidao-adxudica-varios-proxectos [3] whatsapp://send?text=O Concello Masidao adxudica varios proxectos http://copecarballino.es/novas/o-concello-masidao-adxudica-varios-proxectos [4] https://www.copecarballino.es/print/42086