Desenrolado por coroa.es
A festa dos maiores xa tén data fixada no calendario para a súa celebración este ano, será o vindeiro sábado dia 27 deste mes de xuño no que andamos. Eso sí, resta agroa por coñecer se se mantén o modelo organizativo dos últimos anos, cando a Vicepresidencia da Xunta do anterior bipartito organizara e impulsara esta festa, que tivera nos últimos anos as súas edicións máis exitosas e multitudinarias, desde que se celebra esta xuntanza a finais dos anos setenta. Co carballiñés Manuel Amil, como coordenador da festa nos últimos catro anos, a celebración converteráse nun dos mellores dias do ano para a hostelería carballiñesa, acadandose cifras de participación arredor das cincuenta mil persoas. Nos vindeiros dias, os novos responsables da organización darán a coñecer a programación e as pautas organizativas para a edición deste ano.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-dos-maiores-celebraráse-o-vindeiro-dia-27-deste-mes-de-xuño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-dos-maiores-celebraráse-o-vindeiro-dia-27-deste-mes-de-xuño
[3] whatsapp://send?text=A Festa dos maiores celebraráse o vindeiro dia 27 deste mes de xuño http://copecarballino.es/novas/festa-dos-maiores-celebraráse-o-vindeiro-dia-27-deste-mes-de-xuño
[4] https://www.copecarballino.es/print/42165