Desenrolado por coroa.es
Axentes da Garda Civil do Carballiño prenderon ás catro da madrugada de onte domingo a Juan José V.V., de 30 anos de idade, natural de Avión aínda que na actualidade con domicilio en Barcelona, como presunto autor dun delito de lesións ó apuñalar nunha perna a Julio D.P., de 37 anos, veciño de Avión, despois de manter unha discusión no interior dun bar na localidade de Avión. A víctima da agresión foi trasladado o CHOU, con pronostico reservado, según a información facilitada pola Subdelegación do Goberno. O agresor pasará hoxe a disposición xudicial.
Doutra parte, e na madrugada da noiteboa, arredor das catro e media , autores descoñecidos accederon ó interior da sucursal de Caixanova na localidade de San Amaro, tras fracturar os barrotes dunha ventá. Xa no interior da sucursal, forzaron o sistema de apertura da caixa forte, que non conseguiron abrir. A Policia Xudicial practicou unha inpección ocular das instalacións, e procederá o visionado da cámara do sistema de seguridade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/apuñalan-un-home-en-avión-e-intentan-roubar-na-sucursal-de-caixanova-en-san-amaro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/apuñalan-un-home-en-avión-e-intentan-roubar-na-sucursal-de-caixanova-en-san-amaro
[3] whatsapp://send?text=Apuñalan a un home en Avión e intentan roubar na sucursal de Caixanova en San Amaro http://copecarballino.es/novas/apuñalan-un-home-en-avión-e-intentan-roubar-na-sucursal-de-caixanova-en-san-amaro
[4] https://www.copecarballino.es/print/42384