Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O Irixo recibe a centos de visitantes con motivo da celebración do campionato galego de Enduro

7, Maio 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

[5]Por vez primeira neste tipo de competicións, O Concello do Irixo acollerá este domingo dia 9 da maio a celebración da 3ª proba puntuable para o campionato galego de Enduro, que atraerá a centos de afecionados procedentes de toda a xeografía galega. O Tenente-Alcalde Manuel "Lito" Cerdeira salientou "a importancia de que este acontecento se celebre no Irixo, xa que desta maneira serán centos de persoas as que coñezan o noso Concello e pasen entre nós a fin de semana". Son en total 90 os pilotos que tomarán parte nesta competición, como avanzou José Canda, en representación da organización, que conta coa colaboración do "Club Sobre Rodas", o "Moto Club Móvete na Moto", e o propio Concello do Irixo. O ambiente moteiro xa comezará a notarse na xornada do sábado, con motivo das verificacións técnicas e administrativas que se farán na praza do concello do Irixo. Desde este mesmo lugar, sairán os participantes neste campionato galego de Enduro o domingo ás 9 da mañá, para dirixirse atá montes próximos á localidade da Ermida, ónde terá lugar un circuíto especial de 5 kilómetros, para continuar despois polos por dintintos pobos no entorno do Irixo, atá completar un recorrido de 37 kilómetros. A entrega de premios faráse ás 4,30 da tarde. Entre os pilotos participantes estará Xacob Agra, que foi recentemente subcampión mundial desta modalidade deportiva.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-irixo-recibe-centos-de-visitantes-con-motivo-da-celebraci%C3%B3n-do-campionato-galego-de-enduro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-irixo-recibe-centos-de-visitantes-con-motivo-da-celebración-do-campionato-galego-de-enduro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-irixo-recibe-centos-de-visitantes-con-motivo-da-celebración-do-campionato-galego-de-enduro [3] whatsapp://send?text=O Irixo recibe a centos de visitantes con motivo da celebración do campionato galego de Enduro http://copecarballino.es/novas/o-irixo-recibe-centos-de-visitantes-con-motivo-da-celebración-do-campionato-galego-de-enduro [4] https://www.copecarballino.es/print/42492 [5] https://www.copecarballino.es/image/organizadores-do-enduro