Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > 2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano

11, Maio 2010 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres. A franxa de idade con máis numero de parados é a que vai entre os 25 e os 44 anos, que son 701,  os maiores de 45 anos suman 497, e finalmente 123 son menores de 25 anos. No resto da Comarca, o concello con máis parados é Maside, con 275 persoas en paro, 33 máis que fai un ano. Boborás tén 196 persoas en situación de desemprego, 35 maís en relación a fai un ano atrás. San Amaro e O Irixo teñen-curiosamente- o mesmo número de veciños en paro, 104 en cada concello. Punxín suma 66 parados e Beariz 41. Os únicos dous concellos onde descende -aínda que simbólicamente- o paro no cómputo do último ano son San Cristobo de Cea e Piñor, que teñen 123 e 77 persoas, 17 e 6 menos -respectivamente-en relación os datos de fai un ano.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/2307-persoas-est%C3%A1n-en-paro-na-comarca-do-carballi%C3%B1o-323-m%C3%A1is-que-fai-un-ano

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/2307-persoas-están-en-paro-na-comarca-do-carballiño-323-máis-que-fai-un-ano [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/2307-persoas-están-en-paro-na-comarca-do-carballiño-323-máis-que-fai-un-ano [3] whatsapp://send?text=2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano http://copecarballino.es/novas/2307-persoas-están-en-paro-na-comarca-do-carballiño-323-máis-que-fai-un-ano [4] https://www.copecarballino.es/print/42494