Desenrolado por coroa.es
Non houbo sorpresas no pleno muncipal da Corporación do Concello de Cea convocado para debatir o proxecto da planta de compostaxe de As Fontaiñas, todo se desenvolveu según o guión previsto, O Alcalde José Luis Valladares defendendo a actuación muncipal neste asunto e anunciando que por parte do Concello se vai autorizar esta actividade industrial, mentres que desde a oposición, tanto PSOE como BNG solicitaron, sen éxito, a paralización deste proxecto. A convocatoria plenaria levantou certa expectación entre a veciñanza, e atá a Casa do Concello de Cea acudiron unas cen persoas, entre as que se deixaron oír algunhos comentarios favorables a ubicación desta planta de Compostaxe nas Fontaíñas, aínda que a maioria dos asistentes foron movilizados pola plataforma cidadán que se opón a este proxecto industrial no Concello de San Cristovo de Cea.
O Portavoz do PSOE, Guillermo Dopazo, que volveu demandar a paralizacíon das obras, dixo que "a única persoa que está a favor é o Alcalde de Leiro, que pretende pechar a planta de Lamas, para sacarse ós veciños de enriba e traernos o problema par Cea". Desde o grupo municipal do BNG, a concelleira Xosefa Gómez pedíu ó Alcalde que "escoite a todos os veciños que de ningunha maneria quereen esto ó lado das súas casas". O rexidor municipal inistíu en que a planta "só será para maduración e alcacenaxe, e nada máis que para eso", e citando a Castelao dixo aquelo de "neste país hai moitos caciques pra tan poucos indios" dirixindose ás bancadas da oposición e más expresamente ó concelleiro socialista.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tenso-pleno-en-cea-no-que-valladares-anuncia-que-se-autorizara-planta-de-compostaxe
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tenso-pleno-en-cea-no-que-valladares-anuncia-que-se-autorizara-planta-de-compostaxe
[3] whatsapp://send?text=Tenso pleno en Cea, no que Valladares anuncia que se autorizará a planta de compostaxe http://copecarballino.es/novas/tenso-pleno-en-cea-no-que-valladares-anuncia-que-se-autorizara-planta-de-compostaxe
[4] https://www.copecarballino.es/print/42580