Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Cea despide as festas da Saleta con máis afluencia de público das últimas décadas

27, Setembro 2011 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Agora toca cadrar as contas. O tempo acompañou e a Comisión de Festas cubrirá, según as primeiras estimacións, os 55.000 euros de orzamento que tiveron as festas da Saleta deste ano, probablemente as máis concurridas de toda a historia moderna de Cea. E tamén as máis prolongadas, cinco dias de verbenas, con abarrotes diarios na Praza Maior de Cea.

O tempo acompañou e favoreceu unha gran afluencia de público á vila de Cea, de tal maneira que a comisión de festas vai cubrir boa parte do orzamento coa recadación do bar instalado na Praza Maior. Ademáis, conta coas cuotas da veciñanza de Cea, que se están rexistrando a un bó ritmo, 135 euros aportan as familias, 70 euros as unidades unifamiliares,  700 euros os bares, restuarantes e cafeterias da vila, entre 250 e 400 euros o resto dos establecementos comerciais e 165 euros os panadeiros. Completanse os ingresos coas cuotas ás atracciós que acudiron este ano a Cea, e a aportación municipal do Concello de San Cristovo de Cea, 3.000 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/cea-despide-festas-da-saleta-con-mais-afluencia-de-publico-das-ultimas-decadas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cea-despide-festas-da-saleta-con-mais-afluencia-de-publico-das-ultimas-decadas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cea-despide-festas-da-saleta-con-mais-afluencia-de-publico-das-ultimas-decadas [3] whatsapp://send?text=Cea despide as festas da Saleta con máis afluencia de público das últimas décadas http://copecarballino.es/novas/cea-despide-festas-da-saleta-con-mais-afluencia-de-publico-das-ultimas-decadas [4] https://www.copecarballino.es/print/42775