Desenrolado por coroa.es
O vindeiro domingo dia 9 as españolas enfrontaránse a selección de Rusia no pavillón Paco Chao en partido preparatorio para o campionato do mundo, ás 12 de mañá e con entrada de balde. Durante esta semana, a selección española concentraráse no Apartohel Arenteiro, 26 persoas integran o grupo que se desplaza atá O Carballiño. A selección rusa chegará o sábado.
A estadia foi negociada polo Alcalde Argimiro Marnotes, que salientou esta iniciativa "polo que siñificará para o promoción do Carballiño". O Concelleiro de deportes, Rodrigo González, fixo referencia " aos beneficios económicos que para a hostelería e hotelería local reportará esta concentración e partido da selección española". Dos 23.000 euros de coste que tén a estadia ds seleccións e a organización do partido do domingo, ao concello carballiñés corresponde aportar 3.000 euros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/selección-española-de-fútbol-sala-femenina-concentrase-esta-semana-no-carballiño
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/selección-española-de-fútbol-sala-femenina-concentrase-esta-semana-no-carballiño
[3] whatsapp://send?text=A Selección Española de Fútbol-Sala Femenina concentrase esta semana no Carballiño http://copecarballino.es/novas/selección-española-de-fútbol-sala-femenina-concentrase-esta-semana-no-carballiño
[4] https://www.copecarballino.es/print/42781