Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A U.P. Taboadela levase os 3 puntos de Espiñedo ante o Arenteiro

26, Febreiro 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unha primeira parte na que o equipo amosou unha total indolencia, e unha segunda na que os carballiñeses careceron de resolución ante a portería rival, condenaron ao Arenteiro. Os de Taboadela teñen a medida collida a este Arenteiro, se na primeira volta da liga derrotaron aos carballiñes por 3-0, hoxe volveron gañarlle en Espiñedo, desta vez 1-2.

Igual que en partidos anteriores, o Arenteiro volveu ser un equipo cun xogo deslabazado, sen un esquema de xogo definido a estas alturas da liga, e asi é complicado gañar os partidos se non tes a fortuna que sí tivo en anteriores partidos pero que lle faltou hoxe.  O primeiro periodo volveu ser un cúmulo de despropósitos por parte dos verdes, o Arenteiro exercía unha presión que en ningún momento chegou a ser efectiva, pola contra a U.P. Taboadela aprobeitaba para adiantarse no marcador cun balón á escadra da portería carballiñesa inalcanzable para Pachi. Aínda terían os visitantes unha clara oportunidade de incrementar a súa ventaxa no marcador, nun balón que Pachi regalou a un atacante visitante, pero apareceu providencial  Carlos Escudero para enviar a córner.

Na reanudación, a U.P. Taboadela seguíu plantexando o partido ao contragolpe, mentres os carballiñeses trataban de asediar a portería visitante, non obstante sería a U.P. Taboadela quen conseguía marcar o 0-2 noutro bonito gol do seu dianteiro Camba. O Arenteiro lograba meterse no partido a 10 minutos do final ao cabecear Alén un centro desde a dereita, no tramo final o Arenteiro seguíu a intentalo, pero unhas veces a ansiedade dos xogadores locais e nun par de ocasións as intervencións do meta visitante, condenaron aos carballiñeses a unha derrota que é un paso atrás na súa loita pola ascenso.

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/taboadela-levase-os-3-puntos-de-espi%C3%B1edo-ante-o-arenteiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/taboadela-levase-os-3-puntos-de-espiñedo-ante-o-arenteiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/taboadela-levase-os-3-puntos-de-espiñedo-ante-o-arenteiro [3] whatsapp://send?text=A U.P. Taboadela levase os 3 puntos de Espiñedo ante o Arenteiro http://copecarballino.es/novas/taboadela-levase-os-3-puntos-de-espiñedo-ante-o-arenteiro [4] https://www.copecarballino.es/print/42941